Aviso legal e condicións de uso

Información legal

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, informámolo que o dominio de internet www.elkarbanaketa.eus é titularidade de Euskal Kulturgintza, S.A., en diante, EKSA (NIF: A20075156), con domicilio en Portuetxe, 88, 20018 Donostia (Gipuzkoa) / España, teléfono 943310301, enderezo electrónico dblo-lopd@elkar.eus, inscrita no Rexistro Mercantil de Gipuzkoa, Tomo 489, Folio 99, Folla SS-6985.

EKSA (en diante “o Responsable de Tratamento”) é unha sociedade que ten por obxecto, entre outros, a distribución de libros. O sitio web emprazado en www.elkarbanaketa.eus (en diante “o sitio web”) é propiedade de EKSA. A persoa que visita e utiliza este sitio web é usuario do sitio web (en diante “o usuario”).
 

1. Condicións Xerais

O usuario accede a este sitio web de forma voluntaria. O acceso a este sitio web ten carácter gratuíto. A navegación neste sitio web implica aceptar e coñecer as advertencias legais, condicións e termos de uso, política de privacidade e política de rastros contidos nel. No caso de que o usuario non estea de acordo con estas condicións e non preste o seu consentimento, non poderá facer uso deste sitio web. 

O acceso a este sitio web, así como o uso que se poida facer da información que contén, son responsabilidade exclusiva do usuario. O usuario comprométese a facer uso do mesmo de acordo coa finalidade do sitio web. O usuario non pode facer un uso ilícito da información contida neste sitio web,  nin levar a cabo accións que poidan danar ou alterar os sistemas informáticos deste sitio web. 

Queda prohibida a inclusión e comunicación de contidos, por parte dos usuarios, que sexan falsos ou inexactos e que induzan ou poidan inducir a error a EKSA, a outros usuarios ou a terceiros. O usuario será o único responsable dos prexuízos que cause mediante a comunicación deses datos. Prohíbese o uso de datos persoais de terceiros sen o seu consentimento, así como o uso de datos identificadores de terceiros co obxecto de facerse pasar por ou finxir ser calquera outra persoa ou identidade. 

EKSA esfórzase ao máximo para evitar erros nos contidos que se publican no sitio web, reservándose a facultade de modificalos en calquera momento. EKSA rexeita expresamente calquera responsabilidade por erro ou omisión nos contidos deste sitio web así como polos danos e prexuízos que se poidan deber á falta de veracidade, exactitude e actualidade dos mesmos. 

O sitio web pode ofrecer ligazóns a outros sitios web ou facilitar o seu acceso mediante un buscador emprazado no seu sitio web. EKSA non asume ningunha responsabilidade en relación con estes sitios enlazados, nin os resultados das buscas, xa que non ten ningún tipo de control sobre eles, o seu contido, produtos e servizos ofertados, etc. A finalidade destes servizos é informar ao usuario doutras fontes de información, polo que o usuario accede baixo a súa exclusiva responsabilidade ao contido e nas condicións de uso que rexan nos mesmos.  

No caso de ligazóns a redes sociais, titularidade do Responsable de Tratamento ou de terceiros, as mesmas rexeranse polas condicións xerais desas redes. 

EKSA non se responsabilizará de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que se poida derivar do uso deste sitio web ou dos seus contidos, incluídos danos informáticos e a introdución de virus ou calquera tipo de software malicioso.  O Responsable de Tratamento non garante a ausencia de virus nin de outros elementos nocivos no sitio web, introducidos por terceiros alleos, que poidan producir alteracións nos sistemas físicos ou lóxicos dos usuarios, mais utiliza os medios ao seu alcance para que isto non ocorra.

EKSA resérvase o dereito de modificar ou borrar en calquera momento, sen previo aviso e/ou xustificación, o deseño, a configuración e información contida neste sitio web no caso de estimalo oportuno. O Responsable de Tratamento non se fai responsable dos prexuízos que estas modificacións poidan causar. Non obstante, utilizará os recursos que teña ao seu alcance para informar aos usuarios desas modificacións.  

2. Rexistro

O acceso a este sitio web non comporta a obriga de facilitar datos persoais. Non obstante, o acceso a área privada require dun rexistro previo. Para que o rexistro sexa seguro e o servizo ofrecido correcto, é necesario que o usuario facilite unha serie de datos persoais. 

O usuario comprométese a achegar datos veraces, exactos e completos, tanto no momento do rexistro como en posteriores comunicacións, e faise responsable de comunicar calquera modificación neses datos. 

O uso deste sitio web implica a aceptación das condicións xerais, política de privacidade e política de rastros de EKSA

3. Uso de claves de acceso

As claves para o acceso á zona privada son persoais, confidenciais e intransferíbeis. O usuario rexistrado comprométese a usalas de xeito responsable e non darllas a ninguén. O usuario rexistrado non debe comunicarlle as súas claves a ningunha persoa que llo solicite por teléfono, por correo electrónico, a través deste sitio web ou por calquera outro medio.

EKSA recomenda que o código de usuario e o contrasinal sexan diferentes e conteñan polo menos oito caracteres alfanuméricos. O usuario debe memorizar as súas claves e non gardalas en ningún tipo de soporte físico ao que poidan ter acceso outras persoas. As claves de acceso deben modificarse periodicamente, polo menos unha vez ao ano. 

É importante que o usuario peche a súa conta persoal ao finalizar cada sesión na área privada, xa que deste xeito asegurarase de que ninguén poida obter acceso a súa información persoal no caso de compartir o equipo con alguén ou utilizar un equipo nun lugar público. 

No caso de esquecer a clave, o usuario deberá comunicalo a EKSA, que se encargará de darlle unha nova clave de forma automática. EKSA recomenda cambiala no primeiro acceso, de modo que o usuario use unha clave fácil de lembrar para el e difícil de deducir para un terceiro non autorizado. 

O usuario deberá comunicar de xeito inmediato a EKSA calquera incidencia, brecha de seguridade, acceso indebido ou non autorizado que se detecte en relación coas súas claves de acceso. 

4. Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade deste sitio web, das súas páxinas, seccións, pantallas, a información que conteñen, a súa aparencia e deseño, textos, fotografías, imaxes, seus produtos e servizos, marcas, logos, etc. son propiedade de EKSA, salvo que se precise outra cosa.

En ningún caso o acceso ou navegación no sitio web implica renuncia, transmisión ou licencia total ou parcial de EKSA para uso persoal ao usuario sobre seus dereitos de propiedade intelectual e industrial. A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas destas obras constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual de EKSA

O usuario comprométese a non realizar ningunha acción que dane a titularidade deste sitio web. O uso non autorizado da información contida neste sitio web, así como os danos ocasionados nos dereitos de propiedade intelectual e industrial dos seus titulares, poden dar lugar ao exercicio das accións que legalmente correspondan e, se procede, ás responsabilidades que se deriven do devandito exercicio. 

5. Modificacións

Estas condicións poderanse modificar cando EKSA o estime oportuno, ben coa finalidade de adecuarse aos cambios lexislativos, ben co fin de levar a cabo outro tipo de melloras. Estas modificacións terán validez dende a súa publicación neste sitio web. EKSA utilizará os medios ao seu alcance para dar a coñecer aos usuarios do sitio web os cambios levados a cabo. 

6. Xurisdición

As relacións establecidas entre EKSA e o usuario hanse de rexer polo disposto na normativa vixente acerca da lexislación aplicable e a xurisdición competente. Non obstante, para os casos nos que a normativa prevea a posibilidade das partes de someterse a un foro, EKSA e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense aos Xulgados e Tribunais de Donostia-San Sebastián (Gipuzkoa).

EKSA perseguirá o incumprimento das anteriores condicións, así como calquera uso indebido dos contidos presentados no seu sitio web exercendo tódalas accións civís e penais que lle poidan corresponder en Dereito.