Política de Privacidade - Protección de datos Persoais

1. Introdución

En cumprimento da normativa sobre Protección de Datos Persoais, infórmase aos usuarios que aqueles datos persoais que faciliten por correo electrónico, ben mediante os formularios emprazados neste sitio web, área privada ou calquera outro medio emprazado neste sitio web, incorporaranse aos sistemas de tratamento de  EUSKAL KULTURGINTZA, S.A., en diante, EKSA, Responsable de Tratamento (NIF: A20075156), a fin de atender as consultas e solicitudes recibidas, contactar con vostede, xestionar os servizos solicitados, as relacións comerciais e as funcionais e intereses lexítimos propios da súa actividade, así como para o envío de comunicacións comerciais que puideran ser do seu interese. 

Seus datos poderanse conservar sen límite de tempo para as finalidades descritas nesta Política de Privacidade, a non ser que vostede indique o contrario. As bases xurídicas de tratamento son a necesidade de tratamento dos seus datos para a transacción de bens e servizos solicitados por vostede, o cumprimento das obrigas legais por parte do Responsable de Tratamento e o interese lexítimo do Responsable de Tratamento.

O tratamento dos seus datos persoais realizarase de xeito confidencial. EKSA ten un compromiso coa privacidade e a protección dos datos persoais dos usuarios e usa os seus recursos para garantir a seguridade e privacidade dos interesados. 

Seus datos pódense comunicar a empresas que pertencen ao Grupo Elkar e a outros colaboradores directos ao fin de levar a cabo unha correcta prestación do servizo.

2. Recollida de datos persoais

O Responsable de Tratamento recollerá os datos persoais de forma adecuada e pertinente, de xeito determinado, explícito, exacto e lexítimo. 

O usuario aporta seus datos persoais de xeito libre e voluntario. O Responsable de Tratamento non solicita máis información persoal que a necesaria para recibir os servizos e informacións solicitadas. O envío de información a través deste sitio web  comporta a necesaria aceptación desta política de privacidade e das condicións xerais do sitio web. O usuario é o único responsable da veracidade e corrección dos datos incluídos, exonerando a EKSA de calquera responsabilidade ao respecto. 

O Responsable de Tratamento non require que proporcione datos persoais para acceder ao sitio web, non obstante, o acceso á área privada require dun rexistro previo.  Para que o rexistro sexa seguro e o servizo que se ofrece sexa correcto é preciso que o usuario facilite unha serie de datos persoais. O rexistro na zona privada do sitio web faise de forma libre e voluntaria. EKSA non solicita máis información persoal que a necesaria para recibir o servizo que se solicitou.

O usuario que inclúa neste sitio web calquera tipo de contido (datos, textos, vídeos, son, fotografías, gráficos, mensaxes ou outro material) declara e garante facelo de xeito que se axuste ás condicións que aquí se expresan. O usuario que inclúa datos persoais de terceiros declara que conta co consentimento e permiso destes para a publicacións dos mesmos. 

Os usuarios garanten e responden, en calquera caso, da exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados, e comprométense a mantelos adecuadamente actualizados. 

3. Dereitos dos interesados

Pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación ao tratamento, portabilidade e oposición, así como retirar seu consentimento ou realizar calquera outra solicitude sobre esta materia dirixíndose por escrito ao Responsable de Tratamento, EKSA, en Portuetxe, 88, 20018 Donostia (Gipuzkoa), telf. 943310301, ou ben a través do enderezo electrónico dblo-lopd@elkar.eus.

A solicitude deberá achegar unha copia do documento acreditativo da identidade do solicitante (DNI ou similares). No caso de realizar a solicitude na súa condición de representante legal, terá que achegar un documento acreditativo da devandita representación, ademais da copia do documento acreditativo da identidade do solicitante. 

A autoridade de control á que vostede se pode dirixir no caso de non estar de acordo coa resolución das solicitudes, ou para presentar unha reclamación é a Axencia de Protección de Datos (aepd.es)

4. Medidas de seguridade

EKSA tratará os datos persoais contidos nos seus tratamentos de datos adoptando as medidas de índole técnica e organizativa que sexan necesarias para garantir a súa seguridade, e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado; tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa veñan da acción humana ou do medio físico ou natural, de acordo coa lexislación vixente que resulte da aplicación en materia de medidas de seguridade dos tratamentos de datos persoais. Non obstante, os usuarios son informados de que as medidas de seguridade informática non son inexpugnables e non se está a salvo de posibles intromisións ilegais e indebidas, que non serían responsabilidade de EKSA. 

5. Datos de Tráfico

Co fin de ofrecer un mellor servizo a través deste sitio web, pódese rexistrar o enderezo IP do dispositivo do usuario, permitíndose así o posterior procesamento dos datos a fin de analizar, entre outros, o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a actividade dos visitantes/usuarios do sitio web e a súa frecuencia de uso.

O Usuario dá o seu consentimento previo e informado ao rexistro da IP do seu dispositivo durante a conexión e navegación no sitio web, sen que sexa necesario solicitalo cada vez que acceda a este sitio web. 

Co fin xa mencionado, este sitio pódese medir e analizar con Google Analytics e/ou ferramentas similares, que poden utilizar marcas nas páxinas e rastros para analizar o que sucede nas diferentes páxinas do sitio web de EKSA.

EKSA resérvase o dereito de modificar a súa política de privacidade segundo o seu criterio, cambios lexislativos ou de xurisprudencia. Se o Responsable de Tratamento introducise algunha modificación, o novo texto publicarase neste mesmo sitio web onde o usuario poderá ter coñecemento desa modificación. En calquera caso, a relación cos usuarios rexerase polas normas previstas no momento preciso no que se acceda ao sitio web. É por iso que o Responsable de Tratamento recomenda visitar esta política de privacidade cada vez que se conecte ao sitio web.

EKSA perseguirá o incumprimento desta política de privacidade, así como calquera utilización indebida das funcionalidades e contidos presentados neste sitio web, exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en Dereito. 

7. Xurisdición

As relacións establecidas entre EKSA e o usuario rexeranse polo disposto na normativa vixente acerca da lexislación aplicable e a xurisdición competente. Non obstante, para os casos nos que a normativa prevea a posibilidade das partes de someterse a un foro, EKSA e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense aos Xulgados e Tribunais de Donostia-San Sebastián (Gipuzkoa).

EKSA perseguirá o incumprimento desta Política de Privacidade, así como calquera uso indebido dos contidos presentados neste sitio web exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en Dereito.